miércoles, 3 de octubre de 2012

Sorteamos as zapatillas de Alberto Corbacho


Trala consecución da quinta Copa Galicia de forma consecutiva por Alberto Corbacho, decidiunos regalar as suas zapatillas, que posteriormente nos asinou con moito cariño.

Que mellor maneira que compartilas coa familia obradoirista.

Xa que temos as duas zapatillas firmadas por Alberto, sortearémos unha zapatilla entre os socios da peña e a outra entre todos os que queirades participar no sorteo

***

elcorreogallego.es
O sorteo para os socios da peña farase entre todos aqueles que teñan abonada a cuota da tempada 2012/2013.

Ainda estades a tempo de facervos socios da peña, e ter máis posibilidades de gañar. Aquí tedes máis información FAITE SOCIO

***

E para os non socios, poderedes participar todos os que se fagan seguidores nosos en Twitter  (@obraiados) e escriban un tuit usando o hashtag #SorteoCorby33. Contactaremos co gañador por MD (Mensaxe Directo).

Para os que non sexan usuarios de Twitter tedes que facervos seguidores do blogue (na barra dereita en "Participar en este sitio") e deixar un comentario nesta mesma entrada cun correo electrónico de contacto, para poder contactar en caso de ser premiado.

En ambos casos numerarémos a todos os participantes e usaremos a aplicación random.org para saber o número do gañador.

O sorteo realizarase o 24 de outubro as 22 h.

¡ MOITA SORTE !

No hay comentarios:

Publicar un comentario