viernes, 18 de mayo de 2012

En marcha a venda de accións para a conversión en SAD

A partir do luns, día 21 de maio, comeza o proceso máis importante para a conversión do Obradoiro CAB en Sociedade Anónima Deportiva. O capital social a cubrir nesta terceira fase ascende a 1.957.500 € distribuídos en 15.660 accións que teñen un valor nominal de 125 €.

A subscrición de accións entra agora na terceira e última fase que irá dende o día 21 de maio ata o día 15 de xullo, ambos os dous inclusive e na que poderán adquirir estas calquera sociedade ou comparece que teña unha especial vinculación co club. Este é o momento no que verdadeiramente o Obradoiro CAB se xoga a conversión.

Para a compra de accións, os interesados deben achegarse ás oficinas do club (en horario de oficina de 10 a 14 h. e de 16 a 19 h.) ou ben pórse en contacto por teléfono chamando o 981 558 448 ou a través do correo electrónico accionistas@obradoirocab.com

A conversión en SAD

O club deu todos os pasos necesarios e xa están á venda dende o pasado 1 de abril as accións do OBRADOIRO CAB. O capital mínimo para a conversión ascende a 3.050.000 € e o prezo de cada acción é de 125 euros.

Na primeira fase, que comezou o pasado 1 de abril e con duración dun mes, só os socios tiveron o dereito a adquirir valores. O prazo foi dun mes, cun máximo de compra de 106 accións por socio que serían 13.250 o valor en euros. É unha cifra que nace da lóxica, dividindo o capital en venda polo número de socios, co fin de permitir, no caso de que queiran facelo, que todos os socios teñan dereito a comprar o mesmo número de accións.

A segunda fase, que comezou o pasado 1 de maio, tiveron opción todos aqueles socios que durante a primeira tivesen exercido o seu dereito de compra. Esta foi a última opción en exclusiva para os socios porque deseguido ábrese este luns a fase terceira e definitiva, na que de verdade o OBRADOIRO C.A.B xógase a conversión.

Despois destes dous meses que restan, todos aqueles que adquirisen accións converteranse en accionistas do club, o que vén a significar que serán os seus donos.

Ata o momento, dalgún xeito, os socios eran os donos do club, pero nunha SAD fálase doutro tipo de propiedade, con algunhas diferenzas. A máis notoria é que o socio deixa de ser dono cando deixa de pagar. O accionista do OBRADOIRO C.A.B. será propietario ata que queira deixar de selo.

A conversión en todos os seus termos non terá finalizado, aínda que se subscribise o capital, ata os primeiros días de agosto. Abrirase entón unha nova canle burocrática que culmine a transformación e que verá o final coa constitución da Sociedade e o seu Consello de Administración.

Unha vez finalizada a conversión, o capital social pasará a formar parte do patrimonio do club, como en calquera outra empresa mercantil.

O Obradoiro apela á afección para completar o seu capital social

O luns pon á venda acciones por un importe total de case dous millóns de euros

M. G. REIGOSA - La Voz de Galicia


O Obradoiro apela á mobilización da súa masa social para completar o tres millóns de capital social. Algo máis dun millón está xa cuberto co diñeiro anticipado por abonados o pasado verán e o dos empresarios que levan as rendas do club. E faltan por completar 1.875.000 euros que se porán á venda a partir do luns. Equivalen a 15.000 accións, ao prezo de 125 euros cada unha. Segundo explicaron tanto o presidente, Raúl López, como o vicepresidente, José Ramón García, a clave do éxito para conseguir a transformación do club en sociedade anónima pasa por que os abonados que acoden habitualmente aos partidos de Sar, que son ao redor de 5.000, implíquense ben na adquisición de títulos ou ben convencendo a terceiros para que os compren. Neste sentido, esperan que os peñistas desempeñen un papel relevante. E tamén confían na colaboración de diferentes colectivos sociais, especialmente dos sectores do comercio e da hostalaría.