FAITE SOCIO


Acaso, non es de ningunha peña do Obradoiro C.A.B. ¿A que esperas?

A Asociación Recreativa Peña Obradoirista “OBRAIADOS” explicavos cómo podedes formar parte deste gran proxecto, xa que sodes vos, os socios, os que sempre apoiades o gran proxecto e traballo que estamos a realizar.

A continuación informámosvos das cuotas vixentes da Peña para a tempada 2014/2015, recordade que as cuotas son por temporada, e so teñen vixencia para a mesma.

Adultos: 20 euros.
Menores de 18 anos: 10 euros.
Familias (pais, nais e fillos): 1º 20 euros, 2º 15 euros, 3º 10 euros e 4º 5 euros (A partir do quinto membro na familia GRATIS)

Para facerte socio, soamente tes que facer un ingreso, ou transferencia bancaria na conta da Peña ES1100310008461011005101 (Banco Etcheverría), dende a tua entidade bancaria ou dende internet.

Ao realizar o ingreso na conta deberás indicar no campo do concepto, o nome da persona física que vaia a ser peñista, é dicir, o nombre da persona completo (nome e os dous apelidos).

Despois de facer a transferencia ou ingreso, debes mandar un correo a obraiados@gmail.com indicando:

1º Nome y apelidos
2º Data de nacemento
3º D.N.I.
4º Dirección completa
5º Teléfonos de contacto (fixo e móbil)
6º Correo electrónico
7º Número de abonado do Obradoiro C.A.B., en caso de selo na tempada anterior, se non foses abonado, este campo en branco.

Con so estes pasos, xa formas parte da Peña Obradoirista Obraiados, ¿A que é sinxelo? Estamos esperandote cos brazos abertos, non o penses mais…

Saude e Forza OBRA!

No hay comentarios:

Publicar un comentario