lunes, 24 de septiembre de 2012

Levon Kendall: El fichaje más valioso

Por Mirian Fernández (@mirianfdezv

Resta apenas una semana para que el Obradoiro CAB comience a rodar en lo que será su segunda temporada consecutiva en la Liga Endesa y en las filas compostelanas se respira una gran ilusión ante la esperada presentación. El escenario no podía ser otro que el fortín de Sar, el próximo domingo a las 18:30 horas ante el Assignia Manresa.

Kendall tapona la entrada de balón de Alejandro Navajas
(Foto: Fru)
No obstante, los aficionados han podido conocer ya las caras nuevas y comprobar las sensaciones que produce el equipo durante la pretemporada, que ha deparado alegrías y tristezas para el conjunto compostelano. Queda todavía un duro trabajo por realizar pero la esperanza del obradoirismo para la inminente campaña tiene nombre y apellidos: Levon Kendall. El pívot canadiense se ha erigido como el referente en ataque durante los últimos encuentros. En los cinco partidos de los que se dispone de estadísticas completas, a saber, contra Real Madrid, Murcia, Breogán, Ourense y CAI Zaragoza, ha promediado un total de 19,2 puntos y 4,2 rebotes en 30 minutos de juego.

Especialmente significativo ha sido su papel en el primero de los partidos de la Copa Galicia frente al Breogán de Lugo, en el que alcanzó los 24 puntos y se convirtió en el motor de la remontada del equipo. El público del pabellón ourensano Paco Paz, poblado en su mayoría por seguidores del “Obra”, se puso en pie y le aplaudió enérgicamente como reconocimiento a su esfuerzo.

Tras dos temporadas en el equipo y ante la baja temporal de Robbie Hummel, fichado como una de las grande apuestas del conjunto, Kendall es consciente de su rol. Así lo reconoce en una entrevista concedida a la página web del Obradoiro en la que afirma : “Estoy preparado física y mentalmente y quiero subir mi nivel personal. Creo que voy a tener más responsabilidad dentro del equipo.” También aseguró que su reto en esta nueva temporada es “mejorar en todas las facetas”.

Y es que por todos es sabido que el ala-pívot canadiense es uno de los jugadores más queridos por los aficionados, no sólo por su agilidad y elegancia en el campo sino también por su buena actitud y su carácter extrovertido y alegre con el que consigue sacar más de una sonrisa. El Obradoirismo respira ilusión y ya tiene a su fichaje estrella: Levon Kendall.

martes, 18 de septiembre de 2012

"Unha Ollada Obraiada" por Erea Hierro


Foto: obradoirocab.com

Pegaba o sol con forza en Compostela a primeira hora da tarde do venres. Os obraiados, na nosa santa sede, preparábamonos  para viaxar a animar, como non, o seu querido Obradoiro.

Marchamos sen ter moi claro por onde quedaba o campo do COB, o noso presidente ao volante manexaba o cotarro e, aínda sen saber cómo, conseguimos dar co Paco Paz xusto a tempo para ver o quecemento do Obra.

O partido comezou cun Breogán moi serio. Desde o primeiro minuto demostraron que este ano aspiran a grandes obxectivos. O Blu:Sens Monbús desacertado viu como os de Lugo alonxábanse no resultado cada vez máis. Malia isto, os da capital non baixaron os brazos e multiplicando os esforzos conseguiron levarse o partido e pasar, por terceiro ano consecutivo, a unha final de Copa Galicia.

Do tema arbitral mellor non falar moito, porque se empezamos nin mil páxinas nos chegarían para comentar o que tal liaron nesa primeira semifinal.

O segundo partido da tarde enfrentaba o cadro local contra o Basket Coruña. Nese partido, o ex obradoirista  Alfonso Sánchez competía por primeira vez por un título logo dunha lesión que o tivera apartado das canchas preto de 600 días, de ahí que quedara patente que aínda lle queda algo de rodaxe para volver a ser o que era.

Finalmente o Clube Ourense Baloncesto levouse o partido, polo que, o Obradoiro xa tiña rival para a final do sábado.

O sábado volvíase a repetir a historia: 5 obraiados, un coche, un destino e un obxectivo… volver coa Copa Galicia para Santiago. A calor non sería excusa para animar ata fartar aos nosos xogadores.

Esta vez o partido foi máis relaxado, gañamos con soltura da man duns brillantes Oriol e Levon que xunto con Corbacho foron os máximos anotadores do Blu:Sens Monbús. Non podemos esquecernos de Pavel Pumpra que case sen tempo, aprendeuse os sistemas que lle mandaran por internet os adestradores para poder debutar co Obradoiro. O resultado foi do máis grato: o crack checo deixouse a pel en defensa e axudou ao equipo a conseguir a victoria. A afeción soubo recoñecerlle o esforzó e foi ovacionado cando Moncho o sentou.

O equipo en xeral loitou e peleou como se esperaba pero tamén é certo que moito deben mellorar as cousas para competir na dura Liga Endesa. Mais, con todo, estamos convencidos de que, da man do corpo técnico, este equipo será quen de loitar por cousas grandes esta tempada.

Os obraiados seguiremos ahí, animando ata o último suspiro, é o que ten isto do “Miudiño Connection”.

"Unha Ollada Obraiada" por EREA HIERRO 

domingo, 9 de septiembre de 2012

Rolda de prensa de Moncho Fernandez


http://www.sportquarters.com

Declaracións do noso "coach" Moncho Fernández despois da derrota 77 - 75 contra o UCAM Murcia no Torneo Sporquarters Series Ciudad de Guadalajara.

Todos Xuntos ¡OBRA!

miércoles, 5 de septiembre de 2012

¡ Ori Ori Ori Capitán !


O vestiario do Blusens Monbus xa ten os seus capitáns para este curso. O pivote Oriol Junyent será o primeiro capitán, recollendo a testemuña de Tuky Bulfoni, na súa terceira tempada no equipo. Será secundado na súa función polo base, Andrés Rodriguez, que tamén afronta o seu terceiro ano no club santiagués.

A veteranía, un grao.

Tradicionalmente, os xogadores máis lonxevos no equipo son os que ocupan ese posto. Pero Oriol, independentemente de que sexa o xogador con máis anos de experiencia, demostrou en multitude de ocasións que nos malos momentos a veteranía é un grao.

"Ser o capitán do Obradoiro significa ter unhas obrigas cos meus compañeiros e cara ao club de axudar en todo o que poida. A miña tarefa é defender e levar o nome do Obradoiro ao máis alto".

Con estás palabras definiu Oriol Junyent o seu novo labor. Algo que como ben di Andrés Rodríguez, xa viña exercendo dende a súa chegada. "É sen dúbida a persoa máis importante dentro do equipo dende que cheguei hai dous anos, Oriol é tan importante dentro como fóra da cancha. E non só como compañeiro senón como persoa".

Para o catalán, falar de Andrés Rodriguez é falar de loita e entrega. Como xogador, "Andrés é o cerebro, o organizador do equipo. É unha persoa moi implicada co club, que sempre está disposto a axudar aos compañeiros. Adora o baloncesto".

Oriol e Andrés saben que a responsabilidade que lles tocou compartir non é tarefa doada. Ser capitán vai moito máis alá. "Para o meu un capitán é un líder. Sempre me sentín como un líder dentro da cancha pola miña posición, agora me tocase selo fóra dela tamén", afirma o director de xogo do Blusens Monbus.

A Oriol, ademais, a implicación co Obradoiro C.A.B. levouno a participar no día a día do club. É adestrador do equipo infantil das categorías inferiores, e confirmouse como unha figura moi importante dentro da propia entidade.

Ao preguntalos por un xogador referente nese posto, ningún dos dous dubidou nin un segundo á hora de responder. Para o 15 do Obra, sen ningún tipo de dúbida, aínda que pasou xa moito tempo diso foi Andrés Jimenez. Foi un bo capitán, do melloriño que tiven".

Para Andrés, a pesar de que non é doada a elección, pois presume de ter tido moi bos capitáns ao longo da súa carreira, se tivese que escoller só un, o nome sería o de Dragisa Drobnjak que "foi o primeiro capitán que tiven no meu primeiro ano en Europa".