miércoles, 10 de abril de 2013

Operación Quilo en Sar #operaciónquiloenSar


A denominada #operaciónquiloenSar, desenvólvese grazas a acción conxunta de catro das peñas do Obradoiro CAB (Obraiados, Obracadabra, Eskornabois e Zona Norte) en colaboración co club. O obxectivo será a recollida de alimentos non perecedoiros, que se serán destinados á Cruz Vermella e que eles mesmos distribuirán segundo as súas necesidades máis inmediatas. Esta operación estará estruturada en dúas fases:

PRIMEIRA FASE

Unha primeira fase, ou fase previa, na que se recollerán alimentos coa venda anticipada de entradas (do xoves 11 ao venres 19 de abril). O club venderá entradas para o encontro Blusens Monbus - Fiatc Joventut a un prezo de 10 euros a todos aqueles que se acheguen ás oficinas de Sar cun quilo de comida non perecedoira. Con cada entrada entregarase tamén un exemplar da revista Gigantes del Basket.

SEGUNDA FASE

Unha segunda fase, que se desenvolverá durante o partido Blusens Monbus - Fiat Joventut (21 de abril). Neste caso, contaremos cun posto na entrada do pavillón –cedido amablemente polo club– para proceder á recollida de alimentos. Esta terá lugar ata o descanso do partido. A cada persoa que se achegue a Sar cun quilo de alimentos non perecedoiros, entregaráselle unha rifa para un sorteo, que constará dos seguintes agasallos doados por diferentes entidades:

- 3 entradas dobres para o Blusens Monbus - Unicaja.
- Lote de queixos, doados por Queixería Barral.
- Merchandising do obradoiro: camiseta oficial, doada por Mastercrack e varias bufandas.
- Camisetas, cortesía de Rosmadoiro.
- Cea para dúas persoas no Restaurante Calderón.
- Estancia dunha noite para dúas persoas na Casa dos Albadornedo.
- Camiseta que Salah Mejri utilizou no partido contra o Barça.

Javier Masaguer, o speaker, anunciará os gañadores no descanso do partido.

Os usuarios de twitter podedes seguir as novidades deste evento usando o hashtag #operaciónquiloenSar.

Grazas pola vosa solidariedade, obradoiristas!!