Por Mirian Fernández (@mirianfdezv)
O 6 de outubro é unha data digna de ser sinalada no calendario de tódolos obradoiristas. Hoxe cúmprense 42 anos do nacemento oficial do clube e coincide cun dos momentos máis ilusionantes para a parroquia compostelana. Poucos clubes da Liga Endesa teñen unha historia con tantos altibaixos, capaz de sorprender a propios e estraños.
![]() |
Multitudinario recibimento tralo primeiro ascenso do Obradoiro (Foto: El Correo Gallego) |
A temporada 1981/82 será recordada por sempre como a do primeiro ascenso do Obradoiro á máxima categoría do baloncesto nacional. Convertiase pois no primeiro equipo compostelán en conseguir un ascenso á categoría máis alta dun deporte. Decenas de aficionados acudiron ao aeroporto de Lavacolla para recibir con vítores aos heroes desa gran xesta. Curiosamente, outro dos equipos que logrou ascender foi o Baskonia de Vitoria.
Sen embargo, na tempada seguinte xurdiron numerosos problemas económicos e deportivos, o equipo só gañou dous partidos e finalmente descendeu. A este primeiro descenso sumaráselle outra perda máis de categoría en 1984.
Máis o capítulo máis famoso da historia do Obradoiro ten lugar na tempada 1989/90: o playoff de ascenso contra o Júver Murcia. O conxunto murciano logrou a vitoria pero o Obradoiro descubriu a alineación ilegal do xogador Esteban Pérez, que figuraba con pasaporte español aínda que en realidade era arxentino. Tras unha reclamación desestimada pola vía deportiva a protesta trasladouse aos tribunais, o que deu lugar a unha batalla que duraría nada máis e nada menos que 17 anos.Pola súa parte, o equipo encarrila sucesivos descensos de categoría e acuciado polas débedas está a piques de desaparecer. É entón cando unha xestora dirixida por José Ramón Mato e José Ángel Docobo se fai cargo do clube para evitalo seu final e continuar coa batalla xudicial. Precisamente hai seis días cumpríronse vinte anos desta proeza e foron moitos os que botaron en falta unha merecida homenaxe no pasado partido en Sar.
En novembro de 2007 o Tribunal Supremo dalle a razón por fin ao equipo compostelán. A ACB está obligada a readmitilo na máxima categoría do baloncesto español e o clube ten que pagar o canon correspondente á tempada 1990-1991. Comezaba así unha nova era para o Obradoiro.
A partir deste momento os capítulos son por todos coñecidos. A volta á máxima categoría non foi doada, a escaseza económica e a mala sorte cebouse co Obradoiro e finalmente consumouse o descenso.
Sen embargo, será recordada como a tempada na que o soño se convertiu en realidade. Un equipo formado en apenas tres meses serviu para demostrar que en Compostela había moitas gañas de baloncesto de élite e un modesto clube que meses atrás atrás competía en EBA convertiuse nun fenómeno social en toda Galicia. Un novo obradoirismo estaba en marcha e con el unha afición que se convertiría fielmente no sexto home.
![]() |
A platilla actual loitará por sumar outro célebre capítulo (Foto: Fernando Blanco, El Correo Gallego) |
Hoxe, 42 anos despois e ilusionados cunha nova plantilla que xa conseguiu a primeira vitoria, o Obradoiro pode presumir de seguir sendo o mesmo que os seus fundadores pretendían que fose, un humilde Clube de Amigos. Feliz cumpreanos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario