![]() |
Foto: obradoirocab.com |
Pegaba o sol con
forza en Compostela a primeira hora da tarde do venres. Os obraiados, na nosa
santa sede, preparábamonos para viaxar a
animar, como non, o seu querido Obradoiro.
Marchamos sen ter moi claro por onde quedaba o
campo do COB, o noso presidente ao volante manexaba o cotarro e, aínda sen
saber cómo, conseguimos dar co Paco Paz xusto a tempo para ver o quecemento do
Obra.
O partido comezou cun Breogán moi serio. Desde
o primeiro minuto demostraron que este ano aspiran a grandes obxectivos. O Blu:Sens Monbús desacertado viu como os de Lugo alonxábanse no resultado cada vez
máis. Malia isto, os da capital non baixaron os brazos e multiplicando os
esforzos conseguiron levarse o partido e pasar, por terceiro ano consecutivo, a
unha final de Copa Galicia.
Do tema arbitral mellor non falar moito,
porque se empezamos nin mil páxinas nos chegarían para comentar o que tal
liaron nesa primeira semifinal.
O segundo partido da tarde enfrentaba o cadro
local contra o Basket Coruña. Nese partido, o ex obradoirista Alfonso Sánchez competía por primeira vez por
un título logo dunha lesión que o tivera apartado das canchas preto de 600
días, de ahí que quedara patente que aínda lle queda algo de rodaxe para volver
a ser o que era.
Finalmente o Clube Ourense Baloncesto levouse
o partido, polo que, o Obradoiro xa tiña rival para a final do sábado.
O sábado volvíase a repetir a historia: 5
obraiados, un coche, un destino e un obxectivo… volver coa Copa Galicia para
Santiago. A calor non sería excusa para animar ata fartar aos nosos xogadores.
Esta vez o partido foi máis relaxado, gañamos
con soltura da man duns brillantes Oriol e Levon que xunto con Corbacho foron
os máximos anotadores do Blu:Sens Monbús. Non podemos esquecernos de Pavel
Pumpra que case sen tempo, aprendeuse os sistemas que lle mandaran por internet
os adestradores para poder debutar co Obradoiro. O resultado foi do máis grato:
o crack checo deixouse a pel en defensa e axudou ao equipo a conseguir a
victoria. A afeción soubo recoñecerlle o esforzó e foi ovacionado cando Moncho
o sentou.
O equipo en xeral loitou e peleou como se
esperaba pero tamén é certo que moito deben mellorar as cousas para competir na
dura Liga Endesa. Mais, con todo, estamos convencidos de que, da man do corpo
técnico, este equipo será quen de loitar por cousas grandes esta tempada.
Os obraiados seguiremos ahí, animando ata o
último suspiro, é o que ten isto do “Miudiño Connection”.
"Unha Ollada Obraiada" por EREA HIERRO
No hay comentarios:
Publicar un comentario