miércoles, 2 de julio de 2014

Plantel do Río Natura Monbus para a tempada 2014/2015

55 - Rafael Freire Luz
BASE - 1,88 metros
11 de febreiro de 1992 - Araçatuba, São Paulo Flag of Brazil.svgFlag of Spain.svg
Twitter: @rafaluz55



44 - Jose Pozas Checa
BASE - 1.81 metros
14 de maio de 1992 - Málaga, Málaga Flag of Spain.svg
Twitter: @pepepozas4

O Rio Natura Monbus xa chegou a un acordó para a incorporación do xogador Pepe Pozas para as dúas vindeiras tempadas. Este base de 1,83 metros e 22 anos procede do CB Valladolid, co que promediou 5.7 puntos e 3.6 asistencias nos 15 partidos da pasada edición da Liga Endesa que disputou, tras comezar a campaña no Clínicas Rincón de LEB Ouro (8.0 puntos e 2.2 asistencias en 19 partidos).

Pozas, que se formou una canteira do Unicaja, ten no seu palmarés unha medalla de ouro no Europeo U20 de Bilbao’11.

“Pepe é un xogador ao que levabamos seguindo bastante tempo. Por riba das súas condicións técnicas e físicas, que aínda ten que seguir mellorando co seu traballo, gústanos a personalidade e madurez que demostra con 22 anos, moi importantes para o posto que ocupará no equipo. En Valladolid demostrou estar capacitado para competir na Liga Endesa e estamos contentos por sumar ao proxecto a outro xogador que chega con moita ilusión”, afirma o director xeral do club, José Luis Mateo.


24 - Francisco Javier Cárdenas Maldonado
BASE - 1.77 metros
3 de outubro de 1990 - La Palma de del Condado, Huelva Flag of Spain.svg
Twitter : @4Cardenas

Esta base de 1,77 metros e 23 anos procede da LEB Ouro, onde brillou coa Unión Financeira Baloncesto Oviedo e conseguiu uns números de 9.9 puntos (57% en tiros de dous, 44% en triplas e 81% en libres) e 4.4 asistencias para 12.7 de valoración durante a pasada campaña, alcanzando as semifinais do Playoff da competición.

Nacido en La Palma del Condado (Huelva) e formado na canteira do Cajasol, tamén pasou pola liga EBA (Écija Cajasol) e LEB Prata (Qalat Cajasol e Ourense) antes de recalar no conxunto asturiano.

"Fran foi un dos mellores directores de xogo da pasada edición da LEB Ouro. Responde perfectamente ao perfil deportivo que require o noso equipo para esa posición tan importante e tamén ao perfil humano necesario para o rol de terceiro base. Todo o que foi conseguindo na súa carreira gañouno con suor e demostrounos que vén con moita ilusión a axudar ao equipo a ser mellor cada día", afirma o director xeral do club, José Luís Mateo.


6 - Pavel Pumprla
ALEIRO - 1.98 metros
13 de xuño de 1986 - Zabreh, Olomouc Region Flag of the Czech Republic.svg
Twitter: @pampeX6



33 - Alberto Corbacho De la Cruz 
ALEIRO - 2.01 metros
1 de outubro de 1984 - Palma de Mallorca, Islas Baleares Flag of Spain.svg
Twitter: @AlbertoCorby33



21 - Adam Waczynski
ALEIRO - 1.99 metros
15 de outubro de 1989  - Toruń, Kuyavia y Pomerania Bandera de Polonia
Twitter: @awaczynski

Trátase dun aleiro nado en Polonia de 1,99 metros e 24 anos que procede do Trefl Sopot, onde xogou o últimas catro tempadas, co que promediou neste último exercicio 14.8 puntos (49% en tiros de dous, 45% en triplas e 82% en tiros libres), 4.1 rebotes e 13.8 de valoración na liga Polaca.

No seu palmarés figuran dúas Copas (2012 e 2013) e unha Supercopa (2013) nacionais. Waczynski é internacional absoluto (disputou o pasado Eurobasket de Eslovenia), U20 e U18.

"Adam é un beirado moi completo que destaca fundamentalmente polo seu lanzamento. Achegará ao equipo unha nova ameaza desde o perímetro, que necesitabamos. A Liga Endesa vai supor un gran desafío para el, que acomete no momento e lugar adecuados, con ambición e madurez", afirma o director xeral do club, José Luís Mateo.


14 - Maximilian Kleber
Á-PIVOTE - 2.07 metros
29 de xaneiro de 1992  - Würzburg, Bayern Deutschland

O Rio Natura Monbus chegou a un acordo con Maximilian Kleber para a súa contratación para as dúas próximas tempadas. Este ala-pívot alemá de 2,07 metros e 22 anos procede do Wuerzburg, equipo no que desenvolveu toda a súa traxectoria e co que promediou na pasada tempada 9.9 puntos (49% en tiros de dous, 33% en triplas e 75% en libres) e 6.7 rebotes na BBL xermana.

“Maxi é un xogador xove, con potencial e capacidade atlética. Tamén ten calidades como o lanzamento exterior, o rebote ou o uso do bote para atacar o aro que o converten nun xogador completo. Tivo propostas económicas máis elevadas do seu país, en equipos de competición europea, pero finalmente decidiu apostar por crecer connosco. Fai varias semanas estivo en Santiago para coñecer a cidade, o club e ao equipo técnico e estamos contentos de que finalmente decidira incorporarse ao noso proxecto”, afirma o director xeral do club, José Luis Mateo.


8 - Juan José Triguero Estruch
PITVOTE - 2,08 metros
23 de decembro de 1983 - Gandía, Valencia Flag of Spain.svg
Twitter: @juanjotriguero

O Rio Natura Monbus e Juan José Triguero chegaron a un acordo para unir os seus destinos durante as dúas próximas tempadas. Este pivote de 2,08 metros e 30 anos procede da Valencia Basket, co que se proclamou na pasada tempada campión da Eurocup.

Durante a súa dilatada carreira na Liga Endesa (272 partidos) tamén defendeu as camisetas de Cajasol Banca Cívica Sevilla e Polaris World Murcia. No seu palmarés figura, ademais, a medalla de prata con España no Europeo U20 de Lituania'2002.

"Con Juanjo incorporamos un xogador cunhas magníficas pernas, que lle permiten achegar aos seus equipos unha consistencia defensiva importante. En ataque sabe moverse sen balón e a súa actividade e rebote tamén nos permitirán sumar. Faranos mellores cada día porque vai ao cen por cen en cada adestramento e será tamén un xogador importante no vestiario", afirma o director xeral do club, José Luis Mateo.


5 - Daniel Miller
PIVOTE - 2,11 metros
1 de xullo de 1991 - Loganville, Georgia Flag of the United States.svg

O Rio Natura Monbus Obradoiro chegou a un acordo para a contratación de Daniel Miller, un pívot de 2,11 metros e 23 anos que se graduou este ano en Georgia Tech, onde completou unha carreira universitaria de cinco tempadas, na última das cales promediou 10.9 puntos, 7.8 rebotes e 2.4 tapóns.

Será esta, por tanto, a primeira experiencia profesional do maior de oito irmás e neto do que fora recordman mundial e campión olímpico en 1936 de 110 metros vallas, Forrest Grady ‘Spec’ Towns.

O xogador, que foi elixido no Quinteto Ideal Defensivo da ACC nas tempadas 2012/13 e 2013/14, disputou a pasada edición da NBA Summer League en Las Vegas cos Washington Wizards, cita na que tivo a ocasión de manter unha entrevista persoal co que será seu adestrador, Moncho Fernández, así como co director xeral do club, José Luis Mateo. Este último comentou o seguinte sobre Miller: “O primeiro que hai que destacar de Daniel é que puxo moito interese por xogar no Rio Natura Monbus Obradoiro. Ten aquilo que a nosa afección sabe apreciar: loita, entrega, compromiso… É, fundamentalmente, un gran traballador que xoga para o equipo e que nos aportará defensa e rebote para complementar así o xogo interior”.


31 - Haralampos Giannopoulos
ALEIRO - 2,00 metros
13 de xullo de 1989 - Alexandreia Imathias
Twitter: @31Haris

O Rio Natura Monbus Obradoiro chegou a un acordo con Haralampos Giannopoulos, polo que este aleiro grego de 2,00 metros e 24 anos se converte nun novo xogador do conxunto galego para a tempada 2014/15. Procede de La Bruixa d’Or Manresa, onde esta última tempada promediou 7.0 puntos (47% en tiros de dous, 34% en triplas e 92% en tiros libres) e 3.2 rebotes en 19,5 minutos.

Internacional nas categorías inferiores helenas U20 (medalla de ouro no Europeo de Rodas’09), U18 (prata no Europeo de Madrid’07) e U16, no seu palmarés figura tamén o título de Liga que conseguiu co Panathinaikos fai dúas campañas. Anteriormente tamén defendeu as camisetas de Peristeri (2011/12), Panionios (2009-11), Olympiakos (2008/09) e PAOK Salónica (2005-08).

“Con Haris incorporamos a un aleiro completo, capaz de lanzar, de postear e, sobre todo, de xogar para o equipo e adaptarse ás súas necesidades. No seu momento tomou a decisión de vir a probarse á Liga Endesa podendo quedarse no seu país, nunha situación relativamente cómoda E en equipos importantes, o que denota a súa ambición. Entende o xogo e a súa envergadura e presenza física permítenos completar o perímetro mellorando neste apartado”, afirma o director xeral do club, José Luis Mateo.

 

52 - Keaton Nankivil
Á-PIVOTE - 2,03 metros
18 de xaneiro de 1989 - Madison, Wisconsin
Twitter: @nankivil52

O Rio Natura Monbus Obradoiro chegou a un acordo con Keaton Nankivil para a súa contratación para a tempada 2014/15. Este ala-pívot estadounidense de 2,03 metros e 25 anos procede do Ratiopharm Ulm, onde a pasada tempada disputou a Liga Alemá (6.1 puntos e 3.8 rebotes en 20.1 minutos) e a Eurocup (5.4 puntos e 3.1 rebotes en 16.1 minutos).

Formado na Universidad de Wisconsin (2007-2011), de alí pasou directamente ao conxunto xermano, co que disputou tres exercicios antes de poñerse ás ordes de Moncho Fernández.

“Keaton reúne as características que buscabamos para completar a posición de catro. O seu forte é o tiro, que arma bastante rápido, o que lle confire capacidade para xogar aberto. Ten potencia física e capacidade de salto e aínda é xove, polo que agardamos que con nós poida ampliar os seus rexistros. As tres edicións da Bundesliga e dúas da Eurocup que disputou supoñen unha boa bagaxe para estrearse na Liga Endesa”, afirma José Luis Mateo, director xeral do club.


42 - Jesús Chagoyen Latienda
Á-PIVOTE - 2,02 metros
21 de setembro de 1977 - Jerez de la Frontera, Cádiz

O Rio Natura Monbus Obradoiro ha chegou a un acordo para a contratación de Jesús Chagoyen para a tempada 2014/15. Este ala-pívot de 2,02 metros e 35 anos procede do Iberostar Tenerife (2.9 puntos e 2.6 rebotes en 28 partidos a pasada tempada), onde completou as últimas cinco campañas, as tres primeiras en LEB Oro e as dúas seguintes na Liga Endesa.

Anteriormente, na súa dilatada carreira, tamén vestiu as camisetas do CB Villa de Los Barrios (LEB, 2005-09, onde coincidiu co que volverá ser seu adestrador Moncho Fernández), CB Tarragona (LEB), Fórum Valladolid (ACB) e León (ACB e Liga EBA).

“Coas baixas de Richi Guillén, Ben Dewar e Oriol Junyent, o grupo perdeu certa veteranía que Jesús Chagoyen, entre outros xogadores, nos teñen que aportar. Ademais de exercer de referencia no vestiario, tamén apreciamos a súa polivalencia, intelixencia e corazón. Chega no difícil papel de quinto xogador dunha rotación, polo que a súa misión irá encamiñada a aportar nivel aos adestramentos e estar preparado para cando teña que saltar á cancha”, afirma o director xeral do club, José Luis Mateo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario