O vindeiro luns, 11 de xuño, a partir das 20:00 horas terá lugar no Palacio de Congresos de Santiago unha asemblea aberta para todos os socios, accionistas, aboados, simpatizantes, medios de comunicación e publico en xeral onde se explicará a actualidade do club e do proceso en transformación en sociedade anónima, condición obrigada para seguir competindo na Liga Endesa.

Da ilusión, a perseveranza e o esforzo inquebrantable e constante mostrado pola nosa afección durante toda a tempada, nace a ambición deste novo obxectivo: a conversión do Club en Sociedade Anónima Deportiva. Para iso é necesario cubrir 1,957.500 € en accións e conseguir un Obradoiro que poida seguir competindo na Liga Endesa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario