lunes, 2 de septiembre de 2013

COMEZAMOS O NOVO CURSO !!! Plantel do Río Natura Monbus para a tempada 2013/2014

Vassilis Xanthopoulos 
(29 de abril de 1984 Maroussi, Atenas, Grecia)

Trátase dun base grego de 29 anos e 1,88 metros que procede do Panathinaikos da liga grega.

Nacido en Maroussi (Atenas), este base comezou a súa carreira no Near East grego en 2002 e pasou por Panathinaikos, PAOK Tesalónica, Panionios, Panellinios e de novo Panathinaikos. A última tempada alcanzou 3.3 puntos, 1.5 rebotes, 2.6 asistencias e 42.9% en triplos en 30 partidos de A1 helena e 0.5 puntos, 0.6 asistencias en 11 partidos de Euroleague.

A nova incorporación do Río Natura Monbus, foi internacional U16 e U18, conseguindo a medalla de bronce no Europeo de Alemania'2002 e no Mundial de Grecia'03 coas devanditas seleccións, internacional U20, U21 e Absoluto. Tamén se proclamou campión da Liga e Copa de Grecia nas tempadas 2004-05, 2006-07 e 2012-13.

"Damos a benvida a Vasilis, un xogador que responde perfectamente ás características que estabamos a buscar para o posto de base. Xanthopoulos é un verdadeiro director de xogo, cunha apreciable capacidade táctica e que se encontra máis cómodo pasando que anotando. Tamén destaca pola súa faceta defensiva e, sobre todo, pola paixón que imprime a todas as súas accións, que encaixa perfectamente co 'Espírito Obradoiro'. Ademais, valoramos que decidise cambiar a zona de confort de vivir na súa casa e ter un mellor contrato cun dos mellores equipos de Europa polo desafío de vir a Santiago a ser un home importante nun equipo da Liga Endesa", declarou o director xeral do club, Jose Luis Mateo.

Rafael Freire Luz 
(11 de febreiro de 1992 Araçatuba, São Paulo, Brasil)
@rafaluz55



Iñaki Sanz Satrustegui 
(9 de agosto de 1984 Pamplona, Navarra)
@inakosanz



Alberto Corbacho De la Cruz 
(1 de outubro de 1984 Palma de Mallorca, Illas Baleares)
@AlbertoCorby33



Durand Scott 
(22 de febreiro de 1990 New York, USA)
@durand_scott

O escolta americano con pasaporte xamaicano vén de disputar a liga de verán de Las Vegas cos San Antonio Spurs e previamente o Portsmouth Invitational Tournament, torneo pre -draft onde o xogador foi elixido dentro do quinteto ideal da competición.

Trátase dunha escolta de 23 anos e 1,96 metros, formada na Universidade de Miami (NCAA). Durante a pasada tempada, co seu equipo os Hurricanes de Miami, disputou un total de 33 partidos da NCAA, alcanzando 13.1 puntos, 4 rebotes e 2.6 asistencias en 34.6 minutos de xogo.

Durante a tempada pasada na NCAA, pola súa traxectoria e o seu destacado labor dentro do equipo foi elixido mellor Defensor do Ano na ACC - Atlantic Coast Conference tras proclamarse campión desta. Tamén foi incluído no Equipo Ideal de Rookies da ACC na tempada 2009 -2010.

O novo xogador do Rio Natura Monbus xogará o Campionato FIBA América 2013 en Venezuela. Alí encontrarase co seu novo compañeiro, Rafa Luz, convocado coa selección de Brasil. O Campionato xogarase do 30 de agosto ata o 11 de setembro, en Caracas coa participación de Arxentina, Brasil, Canadá, República Dominicana, Xamaica, México, Paraguai, Puerto Rico, Uruguai e Venezuela.

Para o director xeral do club, Jose Luis Mateo, "o principal motivo da fichaxe de Durand é que ten unhas características que complementan os xogadores de perímetro que xa temos no equipo. Vén de ser nomeado Mellor Defensor dunha conferencia como a ACC e a súa capacidade para xogar pick and roll e ir para dentro nos achegan certa variedade. É un xogador recén saído da Universidade que vivirá en Santiago a súa primeira experiencia fóra do seu país e no baloncesto profesional, así que o seu impacto no equipo dependerá da súa capacidade de adaptación".

Benjamin Dewar 
(30 de agosto de 1981 Royal Oak, Michigan, USA)



Pavel Pumprla 
(13 de xuño de 1986 Zabreh, República Checa)
@pampeX6



Nick Minnerath 
(11 de agosto de 1989 Truro, Massachusetts, USA)
@NickMinnerath

O Rio Natura Monbus chegou a un acordo con Nick Minnerath para a súa contratación para a tempada 2013 -14. Trátase dun ala-pivote norteamericano de 2.06 metros e 25 anos, que procede da Universidade de Detroit Mercy, onde alcanzou nesta última campaña 14.6 puntos (52% en tiros de dous, 36% en triplos e 79% en tiros libres) e 5.9 rebotes, en 29.6 minutos (33 partidos xogados).

Tras o seu periplo universitario, no que conseguiu formar parte do Equipo Ideal da súa conferencia (Horizon League) en 2013 e se proclamou campión desta en 2012, disputou o Torneo de Portsmouth (13.3 puntos e 4.3 rebotes) e, posteriormente, a Liga de Verán da NBA cos Sacramento Kings (5.6 puntos e 1.8 rebotes), en Las Vegas.

"Nick é un ala-pivote atlético, con puntos nas mans, principalmente a través do tiro. É un xogador móbil, capaz de xogar con enerxía e transmitir. Valoramos que veña con ilusión e preferise intentar aproveitar esta oportunidade na Liga Endesa, en lugar de apurar ata última hora por entrar na NBA (estaba invitado ao training camp de Los Angeles Lakers). Pensamos que, dentro da realidade presupostaria na que nos movemos, pode ser un bo complemento ao noso xogo interior segundo se vaia adaptando ao baloncesto profesional europeo", afirma José Luis Mateo, director xeral do club.

Mario Delas 
(16 de xaneiro de 1990 Split, Croacia)

Trátase dunha á-pivote croata de 23 anos e 2,07 metros, que procede do Zalgiris Kaunas.

Durante a pasada tempada, na que se proclamou campión da liga Lituana, disputou un total de 66 partidos entre a propia competición doméstica (5.6 puntos e 3.9 rebotes en 21 minutos de xogo), Euroliga (3.0 puntos e 1.9 rebotes en 13 minutos) e VTB League (5.2 puntos e 3.0 rebotes en 17 minutos).

Delas foi internacional polo seu país en todas as categorías inferiores: U16, U18 (bronce no Europeo de Amaliada 2008), U19 (bronce no Mundial de Nova Zelandia 2009) e U20. Antes de recalar no Zalgiris, co que tamén gañou a liga Báltica en 2010, pasou polo KK Baltai Kaunas, BC Siauliai, Cibona Zagreb e KK Split, club onde se formou. “Estamos contentos de que a primeira incorporación do proxecto 2013/14 sexa un xogador como Mario Delas, a quen vimos moi ilusionado por acometer o desafío de chegar a unha liga importante como xogador importante dun equipo. Aí está o seu gran reto. É un xogador que vai achegar ao equipo a súa versatilidade e que a pesar dos seus 23 anos xa ten bastantes batallas ás súas costas. Mario ten un gran entendemento do xogo e unha técnica individual que lle permite dominar diversos fundamentos, por exemplo o pase. Do mesmo xeito que os anteriores xogadores que pasaron por Santiago, vén crecer co club e a desenvolver o potencial e talento que consideramos pode chegar a despregar”, afirma o director xeral do club, José Luís Mateo.

Michael Peter Muscala 
(1 de xullo de 1991 St. Louis Park, Minnesota, USA)
@mikejawz

Trátase dun pivot estadounidense de 22 anos e 2,11 metros.

Natural de Minnesota, Muscala é un pivot procedente da Universidade de Bucknell, onde no seu último ano alcanzou 18.7 puntos, 11.1 rebotes, 2.3 asistencias e 2.4 tapóns en 31.7 minutos.

Escollido número 44 do draft 2013 polos Dallas Mavericks e traspasado aos Atlanta Hawkas, recibiu numerosos galardóns na súa traxectoria deportiva: Na súa última tempada sénior foi elixido mellor Xogador na Patriot League (NCAA) e Mellor Defensor. En dúas ocasións foi elixido MVP do campionato (tempadas 2010-12 e 2012-13), e formado parte do equipo ideal de toda a Conferencia (2010-12 e 2012-13).

A nova fichaxe do Blusens Monbus incorporarase á disciplina obradoirista a segunda semana de setembro, data ata a que estará a adestrar cos Atlanta Hawks tras o acordo alcanzado entre as dúas entidades.

"Estamos contentos coa contratación de Muscala porque dende hai meses temos interese no xogador e dedicamos todos moitas horas a que finalmente poida recalar no Blusens Monbus. Mike é sobre todo un xogador novo de potencial, e será o seu traballo diario co equipo técnico e compañeiros que determine o impacto que as súas diferentes calidades -mobilidade, envergadura, uso das dúas mans, capacidade para correr o campo, rebote, actividade... - poida ter na Liga Endesa, onde non son para nada extrapolables os números que alcanzou esta tempada na Patriot League (NCAA). Dende o club queremos agradecer publicamente as facilidades mostradas polos Atlanta Hawks, con quen estivemos reunidos en Las Vegas e para os que resultou importante poder escoitar de boca do adestrador os plans e motivos polos que pensamos en Mike", declarou o director do Blusens Monbus, Jose Luis Mateo.

Josep Oriol Junyent Monuera 
(1 de xullo de 1976 Sabadell, Barcelona)



Miguel Ángel García Stobart 
(22 de marzo de 1985 Palma de Mallorca, Illas Baleares)
@mickymoto11


No hay comentarios:

Publicar un comentario