martes, 19 de marzo de 2013

Botemos unha man ao Santiago Futsal

Dende a Peña Obradoirista Obraiados queremos brindar todo o noso apoio aos nosos irmáns do Santiago FutSal, que están a pasar por graves problemas económicos. Non podemos deixar morrer a un clube que elevou ata o máis alto o nome da nosa cidade e que conta cunha das mellores canteiras de fútbol sala de España. Por iso, queremos animarvos a que acudades este sábado ás 18:00 a presenciar o partido que enfrentará ao Santiago co Triman Navarra no Multiusos Fontes do Sar. Haberá entradas a 5€ para os aboados do Obradoiro e do Compostela.

Entre todos conseguirémolo! Santiago quere deporte de calidade!

Santiago quere FutSal!

No hay comentarios:

Publicar un comentario