Xa
non queda nada. Preparen bufandas e palomitas e quenten as súas
gorxas. Este domingo o Blu:Sens Monbús Obradoiro encárase ao
poderoso Real Madrid no Multiusos Fontes do Sar. Non é este o
partido máis importante nin o máis decisivo para o conxunto de
Moncho Fernández pero sí aquel que máis expectación levanta. A
posibilidade de gañarlle de novo ao equipo líder e invicto aviva
unha maxia especial nas ribeiras do Sar. Os aficionados saben que
esta tempada o “Obra” é capaz de todo e contra todos. Estas son
as claves para volver lograr un éxito memorable.
![]() |
ACB PHOTO/ J.Marqués |
1.
A Caldeira ten que ruxir coma sempre e coma nunca. Resulta
difícil pedirlle ao público do Fontes do Sar que anime con máis
forza. A gran maioría dos que pisaron ese parquet coinciden en
afirmar que o clube compostelán ten unha das mellores aficións da
Liga. Pero sempre se pode dar máis; un berro máis enérxico, un
pitido máis ensordecedor, un aplauso ao unísono capaz de alentar a
todos e cada un dos xogadores. Sar ten que ser o noso fortín e o
Miudiño
o noso grito de guerra.
2.
Controlar o comezo e o final. Aspecto
esencial para poder ter opcións de vitoria. O Real Madrid ten un dos
mellores equipos de Europa, unha plantilla versátil que xoga con
velocidade, especialmente Sergio Llull. A súa arma máis valiosa é
o contraataque, cada erro do rival eles convérteno nunha ventaxa no
seguinte ataque, polo que o Obradoiro ten que estar concentrado de
principio a fin e non dar concesións. Interésalle un partido lento
e suave. E, por suposto, non se pode permitir dubidar nos últimos
minutos de xogo coma nalgúns partidos desta tempada.
3.
O mellor ataque é unha boa defensa. Defensa,
defensa e máis defensa. Moncho
non se cansará de repetilo. O Obradoiro ten que ser capaz de frear o
seu acerto exterior, o mellor da Liga Endesa cun 42 % de triples por
encontro. Sen menospreciar o seu xogo interior que conta con homes
altos e rocosos como Slaughter ou o ex-obradoirista Hettsheimer. A
pelea polo rebote será tamén decisiva, cada rebote pode supoñer
unha nova contra e canastra.
4.
Duelo de bases e talentos. Donos
do ritmo do partido. Os Rodríguez, Andrés e Sergio, Sergio e
Andrés, dous bases anotadores, inmersos no momento máis álxido da
súa carreira. O 5 do Obra deberá reducir a velocidade que o
madridista intentará aportar ao encontro e defender o seu agresivo
tiro exterior. Para ter algunha opción de gañar, o Obradoiro
necesita a mellor versión do xogador portorriqueño.
![]() |
ACB PHOTO/ Ángel Martínez |
5.
É o momento de dar un paso adiante. Transcorrido
xa un tercio da competición e ante un partido destacado pode ser a
oportunidade para que se reivindiquen algúns dos xogadores que non
están a destacar pola súa regularidade ou acerto, pero que, sen
embargo, son imprescindibles para conseguir esta e outras vitorias.
É o caso de homes como Rafa Luz, que deberá aportar en defensa e
dar minutos de garantía, Ben Dewar, que terá que parar a Jayce
Carroll ou Salah Mejri, cuxos puntos e rebotes serán máis que
necesarios.
6.
Corbacho, o blanco de todas as miradas. O
home da semana pode volver selo unha xornada máis. É o máximo anotador
nacional e o segundo de toda a Liga Endesa cunha media de 16, 7
puntos, cifras coas que está a gañar cada vez máis espacio
nos medios de comunicación. O domingo volverá ser decisivo dende a
liña exterior, os seus triples poden igualar ou desestabilizar o
partido. Este é o seu ano e o Obradoiro a súa oportunidade
7.
Os de negro non xogan. Aínda
que queiran. Nin o público do Fontes do Sar, nin o propio clube
poden permitir o trato en contra do trío de árbitros, unha tónica
que comeza a tornarse en rutina .Todos a unha contra as decisións
arbitrais inxustas e partidarias que non fan máis que escurecer os
encontros e restar calidade á competición.
8.
Xa o logramos antes. 13 de
Decembro de 2009. O Obradoiro consegue gañar por primeira vez e de
forma heroica a un Real Madrid dirixido por Ettore Messina e que,
casualidades ou non, tamén partía como líder invicto. Tres anos
despois podemos volver alcanzar esa xesta, estamos no mellor momento
da nosa historia e cunha plantilla capaz de todo. Vémonos o domingo en Sar. Todos xuntos
Obra!
![]() |
Foto: El Correo Gallego/F.Blanco |
No hay comentarios:
Publicar un comentario