miércoles, 1 de agosto de 2012

O día que cambiou a historia

Este 31 de xullo o recordarán todos os Obradoiristas como un día histórico, día no que o club se converte en Sociedade Anónima Deportiva pasando a ser Obradoiro C.A.B. SAD. O Capital Social foi cuberto integramente con capital privado.

Esta tarde todos os accionistas do Obradoiro C.A.B. estaban convocados a unha Xunta Constituínte da nova SAD necesaria para poder seguir competindo na Liga Endesa. Cunha representación superior ao 85 por cento de accións, os accionistas aprobaron os estatutos do futuro OBRADOIRO C.A.B. SAD, cun capital social de 3.000.050 euros e que terá unha grande achega por parte do pequeno accionista.

Os máis de 800 accionistas que acudiron á Xunta do histórico OBRADOIRO C.A.B. mostraron o seu acordo cos estatutos da SAD vai quedar en que convertido o club en breve e co nomeamento do Consello de Administración da Sociedade formulado.

Raúl López López, o ata agora presidente do Club santiagués, foi nomeado presidente do Consello de Administración, consello o cal compoñen membros do Grupo Empresarial que a día de hoxe xestionaban o Club. Raúl, asegurou que a finalización deste proceso "nos produce a maior satisfacción que tivemos dende o ascenso á ACB xunto co logro da permanencia desta tempada". Acompañado por gran parte da súa xunta directiva e o seu director xeral Jose Luis Mateo, explicou todas as cuestións referentes á devandita conversión.

O presidente tamén agradeceu a toda a afección, como ben di en cada unha das súas intervencións "activo máis importante do club", que o éxito do proceso se debe non só ao traballo que souberon transmitir, senón á ilusión e implicación de toda a masa social do Obradoiro".

O presidente subliñou a importancia do equipo profesional do club, momento no que presentou publicamente o novo director deportivo, Jose Luis Mateo, cuxas prioridades nestes momentos se encontran na confección do equipo onde o nivel de esixencia cun vinte por cento menos do presuposto da tempada pasada vai ser aínda máis grande.

No hay comentarios:

Publicar un comentario